Traballa
ao teu aire.
Á beira do mar.

Render do interior de Nodo
Cartel Nodo con foto de redeiras de Ribeira

Cada unha coa súa rede. Todas no mesmo peirao.

As redeiras de Ribeira remendaban as súas redes xuntas, sen necesidade de falar todo o tempo.

Nodo colle ese nome e esa idea: traballo independente, espazo compartido. Ti ao teu, con boa xente arredor para apoiarnos cando fai falta.

En obras. Abrimos o 1 de agosto.

Estamos a levantar o espazo sen présa e sen deixar buracos, como se remenda unha rede. O avance, en @nodo_coworking.

10 postos
2min do porto
1ago apertura

Avenida do Malecón 26

15960 Ribeira · fronte ao paseo

Preguntas frecuentes

Cando abrides? O 1 de agosto de 2026. Se algo cambia, avisamos por email e en @nodo_coworking.
Cantos postos hai? Dez. Preferimos poucos e ben.
Canto custa? A partir de 50€ o posto flex.
Podo ir un só día? Si. Haberá día solto, bono e mensual. Sen permanencia.
Pódese visitar a obra? Con casco e aviso previo, si. Escríbenos a info@nodocoworking.com ou por Instagram.

Apúntate. Son dez sitios.

Avisámoste ao abrir a reserva. Tres ou catro correos ata agosto, nin un máis.